Concertazo onte (na Capitol de Compostela) con Unicornibot, Cró!, Guerrera e Orquesta Metamovida.
Fin de festa apoteótico co colectivo que os agrupa improvisando ao ritmo de Bólas de Dragón na pantalla xigante e co público entregado a un berro unísono... (por certo, eu nunca vira tanta barba xunta).
Aquí vos deixo un vídeo de Cró!: "Xixpa"
E aquí, as ghitarrazas, o baixo e o batería ghrande ghrande de Unicornibot interpretando "Abril Cerrar"
E aquí, as ghitarrazas, o baixo e o batería ghrande ghrande de Unicornibot interpretando "Abril Cerrar"
Buffffffffffffffffffffffffffffffffffffffff descoñecía eu a estes dous grupos!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! son boísimos!!!!!!!!!!!!!! Gracias!!!!!!!!!!!
ResponderEliminarSon galegos. Guerrera tamén está ben. Metamovida é unha orquestra que os agrupa a todos e iso si que é TOTAL. Medio improvisan entre todos, cun monte de instrumentos e unhas voces potentísimas... radicais. Todos xuntos é cando merendan o público!
EliminarAs barbas molan moito,o pelo longo e mais a chupas de cuero!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
ResponderEliminarAí non concordo (no das barbas, digo). Onde estean as caras limpiñas... mais hai gustos para tod@s.
ResponderEliminar