Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

venres, 3 de xaneiro de 2014

As amigas

As amigas son seres extraordinarios, como vidos doutro planeta, capaces de alentar na distancia sen palabras, só con sabermos que existen. Pasan os anos por todos, menos por elas, que renacen adolescentes en cada ollada, ao lembrar vivencias conxuntas: coleccións de risas inocentes que se agochan na memoria e reviven cando nos cómpren. As décadas de amizade ás costas non pesan: alixeiran a carga das obrigas cotiás e da rutina. Os momentos malos confirmaron a fortaleza do xenio auténtico, que atravesou tempestades sen danar o centro da pureza, como gamelas humildes enfrontadas ao temporal: sobreviviron e voltaron á terra cargadas de peixe.

Aínda que nunca llelo digo, non entendo a miña vida sen elas: son as outras illas, independentes pero inseparables, do meu arquipélago; se me faltasen naufragaría no océano.

2 comentarios:

  1. Nos momentos de tempestade e nos momentos da calma, sempre estou a carón das miñas amigas, lonxe, pero preto.

    ResponderEliminar
  2. Hai distancias que non se rexen polo sistema métrico decimal: as que importan. Son conexións invisibles pero máis reais e veloces que calquera ADSL.

    ResponderEliminar