Durante unha revisión rutineira, o doutor encontroulle unhas marcas no fígado que semellaban iniciais. O paciente recibira había pouco o mellor agasallo que un ser humano pode obter de outro: un anaco de vida tras a morte. O médico ordenou radiografías e confirmou sospeitas: a caligrafía deseñaba S.B. na víscera reestreada.
Non resultou ardua a pescuda para identificar o autor das letras capitais inscritas mediante gas argon nas entrañas do home redivivo. O autor era o prestixioso Dr. Simon Bramhall, cunha traxectoria de dez anos a facer o milagre científico de sumar vida e morte para conseguir unicamente vida.
Que artista non asina a súa mellor obra?
A Churrusqueira
A Churrusqueira
[Eu nunca podería imaxinar esta historia. Regalouma o xornal.]
Ningún comentario:
Publicar un comentario