Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

venres, 1 de agosto de 2014

Insensibilidade artística

Fotografía: Estrela Alonso
O cabido compostelán critica as esculturas de Ramón Conde, instaladas preto da Catedral de Santiago porque, ao parecer, feren a sensibilidade dalgúns peregrinos e paseantes. 
A exposición temporal, baixo o nome d´O poder, visitou Ourense antes de chegar á capital galega, sen suscitar polémica.

David, obra de Miguel Anxo
O David de Miguel Anxo foi un encargo da Catedral de Santa María del Fiore de Florencia. Así que... andamos para adiante ou para atrás? De verdade pode ser ofensiva, non xa a nudez humana, senón a súa representación sen artificio? Ou é que a curia sería partidaria de cubrir (como xa se fixo en momentos de puritanismo exacerbado) os xenitais n´A Creación de Adán do teito da Capela Sixtina?
O Antigo Testamento relata que cando Adán e Eva eran puros andaban espidos polo Edén sen avergoñárense dos seus corpos. Foi logo de deixarse seducir pola serpe da árbore da ciencia (que deus diabólico o que castiga a curiosidade e premia a ignorancia!) cando a parella sentiu por primeira vez pudor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario