Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

mércores, 27 de agosto de 2014

Estrelouse Zara

A camiseta listada e estrelada

O mundo da moda adoita darme xogo no blog pola cantidade de propostas absurdas que aparecen acá e acolá.

Nesta ocasión, a "nosa" marca Zara (xa sabedes, esa que escolleu chamarlle Zara Home ás tendas adicadas ao fogar e non ás de roupa dirixida ao público masculino) parece que perdeu o norte ao mesturar no deseño dunha camiseta infantil unha estrela de sheriff amarela cun estampado de listas: o tal para lembrar os uniformes dos xudeus presos nos campos de concentración. 
Para maior gloria dos deseñadores (en paz descansen as súas cacholiñas; que boa falta lles vai facendo botar unha soneca ou dúas, se son pequenas) a empresa colocou á venda o produto, nada menos que na tenda en liña dirixida ao público israelita.

A firma, con base en Arteixo e ponlas ben esparexidas polo mundo adiante (tirando preferentemente cara ás zonas onde a man de obra é case regalada e os dereitos laborais, unha entelequia) xa pediu desculpas e retirou a prenda. 
Loados sexan o señor Ortega e familia, porque as súas fortunas desorbitadas equilibran a media estatística e así, os galegos (en xeral) non somos tan pobres.
Amén.

Ningún comentario:

Publicar un comentario