Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

domingo, 22 de xuño de 2014

Mari Castaña

Letreiro do restaurante Mari Castaña, sito na rúa Orillamar (gggrrrr!!!) da Coruña

Mari Castaña foi unha fidalga galega do século XIV nacida na Cereixa (A Pobra de Brollón, Lugo) que liderou unha revolta contra o poder eclesiástico. Cóntase que chegou a matar o mordomo do bispo de Lugo, que era o encargado de recadar os fortes impostos contra os que se rebelou a tal María; pero unha vez sufocado o levantamento, viuse obrigada a ceder os seus bens á Igrexa para recuperar a liberdade.
A súa fazaña ficou en forma de lenda no imaxinario popular e deu orixe á famosa expresión que se asocia ao seu nome: "nos tempos de Mari Castaña", para enfatizar que algún suceso ou algún costume non pertence á actualidade, senón a tempos moi afastados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario