Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

domingo, 8 de xuño de 2014

Con Gory Sii Tamen e Powone

Obra de Powone
no paseo fluvial de Arteixo
Este venres tiven a oportunidade de conversar brevemente con dous graffiteiros convidados ao Millo Verde en Redondela: Gory Sii Tamen e Powone, dous artistas cunha longa traxectoria ás costas.

Recuperei dos meus arquivos a fotografía do magnífico gorila de Powone en Arteixo, concello que cede espazos rurais e urbanos para esta arte popular que nos sae ao paso para o goce de tod@s, sen necesidade de entrarmos nos museos nin pagarmos un peso.

Déixovos tamén a imaxe dos inicios da obra de Gory para o Millo Verde, adiantándovos que publicarei o resultado final en canto este home polifacético (artista do spray e pescador de chocos) o suba ao facebook.

Gory, logo dunhas tres horas de traballo (e antes de que lle cambiaran a caixa de cervexa a traizón)

Ningún comentario:

Publicar un comentario