Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

sábado, 7 de xuño de 2014

Guindastres

No porto da Coruña






Guindastres sincrónicos, como insectos metálicos entregados ao cortexo, emparellan intencións mentres o veterano - condenado ao mausoleo da rotonda- (talvez envexoso, saudoso talvez) vira as costas con discreción elegante para non abesullar os namoros novos.

                                      A Churrusqueira

2 comentarios:

  1. Mais o vídeo non se pode ver, non hai onde premer. O texto teu e boísimo, churrusqueira.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non hai vídeo. Éche unha foto. O guindastre vello hai moito tempo que non traballa.

      Eliminar