Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

martes, 10 de xuño de 2014

Fractura hidráulica

Augardente da billa, grazas ao fracking
O IGME é un organismo público que se ocupa de investigar, analizar e informar sobre a xeoloxía e a minería en España. O Ministerio de Medio Ambiente pediulle a este instituto que presentase un informe acerca do fracking (fractura hidráulica das rochas do subsolo para extraer gas ou petróleo) e como non lle gustaron as conclusións, teno agochado.

O documento (ao que tivo acceso a Cadena SER) sinala as consecuencias deste método de explotación: contaminación dos acuíferos, radioactividade e terremotos leves. Para romper a rocha utilízase gran cantidade de auga e area, que non se recupera na súa totalidade. Ademais, a industria usa produtos químicos canceríxenos e contaminantes atmosféricos perigosos. 

En Europa, Francia e Bulgaria prohiben o fracking e nos Estados Unidos xa se contan por ducias os accidentes mortais e medioambientais relacionados con esta técnica. Pola súa banda, España é o terceiro país europeo en número de permisos para as prospeccións, pois o goberno está moi interesado en promover un sector que considera estratéxico, ao tempo que coloca pexas á industria das enerxías renovables.

Ningún comentario:

Publicar un comentario