Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

mércores, 22 de xaneiro de 2014

Bilingüismo cordial

Curtametraxe de Daniel Villaverde
video

5 comentarios:

  1. Pois eu non estou de acordo!!! tanto hai dun lado coma do outro,o que pasa é que hai que deixarse de tonterías,cada un que fale o que lle de a gana pero sempre con respeto hacia os outros.
    Tanta pelexa por que si ti falas galego,porque si ti falas castelán... Onte fixen un exame para o concello e unha chica queixouse porque pedira o exame en castelán(estaban todos en galego), e tamén comprendo que hai xente de fora e que non entende o idioma. Polo que considero que sería lóxico facilitarlle as cousas a tódolos cidadáns e ter todo(ou a maioría)en ambos idiomas. E deixarse de discusións.
    E non sei,pero non creo que hoxe en día se lle teña tanto noxo ao galego, porque creo que moita xente o fala,e moita máis do que pensamos.
    A verdade que este vídeo paréceme un insulto hacia os galegos. a min ofendeume.. :(

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E a min encántame que expreses a túa opinión, aínda que eu non concorde con ela.
      Eu si traballei en lugares onde me tentaron discriminar por falar galego. Poucas veces, pero si. E a diglosia é unha realidade que calquera lingüista recoñece. Que este tipo de vídeos provoque polémica é a proba evidente de que o conflito lingüístico si que existe. Tamén hai moitos homes que non ven machistas cousas que eu denuncio no blog e paréceme ben que mo digan... pero eu sigo nas miñas.

      Eliminar
    2. Por suposto,cada un ten a súa propia opinión.

      Eliminar
  2. A frase de Castelao gústame, pero entendo que está dirixida a outro contexto da historia, no que existía a represión,cousa que agora non sucede.
    Eu nunca escoitei nin nunca sentín que o castelán fose mellor.

    ResponderEliminar
  3. O vídeo é unha caricatura levada ao extremo, está claro que nunha entrevista de traballo ninguén te vai recibir coa cara pintada de bandeira española nin che vai dicir esas cousas. Pero se cres que falando galego nunha entrevista para El Corte Inglés, por exemplo, tes oportunidade de que te contraten, ti proba e xa nos contarás...
    Con respecto á esixencia de coñecer o galego para optar a traballos na administración galega... Que menos? Ou vai resultar que cando nós imos fóra temos que saber as linguas dos outros para aprobar oposicións pero cando os demais veñen aquí non van ter que molestarse en aprender o idioma dos que lles van pagar? Sería tirar pedras contra o noso tellado.

    ResponderEliminar