"Pombiñas" é o diminutivo de "pombas" (o diminutivo non só se aplica para indicar tamaño pequeno, senón tamén, e especialmente, cun valor afectivo).
Á lambetada que asociamos ao cine, nomeámola coa expresión "flocos de millo". Por tratarse dunha palabra composta (mediante substantivo e un complemento), se quixeramos engadirlle un adxectivo, este debería colocarse antes da expresión ou despois, nunca entre o substantivo e o seu complemento. Así, diriamos Gústanme os flocos de millo salgados, e non * Gústanme os flocos salgados de millo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario