Aínda que DRAG recolle unicamente a voz "cuarteirón" para designar cada anaquiño no que se dividen naturalmente os cítricos- opción que o DIGALEGO desbota- atopamos os termos "teto" e "gomo" no Gran Dicionario Xerais e mais no Dicionário Eletrónico Estraviz; que semellan máis específicos e axeitados ao referente.
P.S.: Chégame noticia de que pola zona de Padrón se lle chama "ichavo". No Dicionario de Dicionarios este termo aparece con outros significados, e no Gran Dicionario Xerais da Lingua recóllese como forma non normativa para "oitavo". Pero é unha palabra tan linda...
Ningún comentario:
Publicar un comentario