Cóntanos o DRAG que "churro" é unha 'porción de masa feita con fariña e auga, en forma de cilindro con estrías, frixida en aceite'.
Mais este vocábulo ten un adxectivo homónimo (é dicir, hai outro termo cun significante igualiño, pero que procede dun étimo distinto e ten outro significado).
Se non podes aguantar as ganas de saber a que se refire esoutra palabra, preme sobre o enlace subliñado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario