mércores, 24 de febreiro de 2016
venres, 19 de febreiro de 2016
Parellas imposibles. Vocal/Vogal
Unha vez máis, a partir dun étimo común xorden palabras diferentes para dar conta de significados -aínda que próximos- distintos.
xoves, 18 de febreiro de 2016
mércores, 17 de febreiro de 2016
Dicionario fraseolóxico visual. Ser de faca e callao
Se queres coñecer un chisquiño máis sobre esta fotografía real, preme AQUÍ.
Dicionario fraseolóxico visual. Diga a miña veciña...
Quen está satisfeit@ consigo mesm@ non debe facer caso dos ruxerruxes.
Parellas imposibles. Flocos de millo/Pombiñas
"Pombiñas" é o diminutivo de "pombas" (o diminutivo non só se aplica para indicar tamaño pequeno, senón tamén, e especialmente, cun valor afectivo).
Á lambetada que asociamos ao cine, nomeámola coa expresión "flocos de millo". Por tratarse dunha palabra composta (mediante substantivo e un complemento), se quixeramos engadirlle un adxectivo, este debería colocarse antes da expresión ou despois, nunca entre o substantivo e o seu complemento. Así, diriamos Gústanme os flocos de millo salgados, e non * Gústanme os flocos salgados de millo.
martes, 16 de febreiro de 2016
Parellas imposibles. Elixir/Elixir
O substantivo e o verbo distínguense claramente na fala. Neste caso, temos unha parella de homógrafos non homófonos. Podes consultar a pronuncia (como sempre) no DRAG:
luns, 15 de febreiro de 2016
Parellas imposibles. Camiña/Padiola
"Camiña" é o diminutivo de "cama". Para falarmos das mesas redondas que adoitan cubrirse cunha tea que chega a rentes do chan, utilizamos a expresión "mesa de braseiro".
Se queres ler as definicións no DRAG, preme sobre "angarellas" e "padiola".
Dicionario visual. Acebre
O Gran Dicionario Xerais da Lingua define "acebre" de xeito semellante ao DIGALEGO. Para o DRAG, no entanto, é outra cousa.
Parellas imposibles. Acalar/Acallar
Acalar: Sosegar os ánimos. Silenciar, facer calar.
Acallar: Tocar co pé no fondo sen que a auga cubra o corpo.
Nin o DIGALEGO nin o DRAG recollen o verbo "acallar". As definicións que achego proveñen do Gran Dicionario Xerais da Lingua.
Parellas imposibles. Abano/Habano
Esta é unha parella de homónimos homófonos non homógrafos... Manda chover na Habana!
domingo, 14 de febreiro de 2016
Parellas imposibles. Actuar/Atuar
Se queres saber en que zonas do país usan o pronome persoal "ti" e onde din "tu", preme AQUÍ.
Parellas imposibles. Acobadar/Acovardar
O verbo "acobadar" é pronominal.
"Acovardar" pode selo ou non. Consulta como muda de significado no enlace ao DIGALEGO.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)