Contrato indefinido: aquel que lle permite á empresa despedir o traballador ou traballadora ao cabo de un ano sen indemnización.
E por que non...?
Contrato indefinido: aquel que non se define claramente.
"Pode ser que te contrate algún día, se cadra, xa veremos... Ti vaite vindo por aquí currar todos os días e se tes sorte xa che contarei se vas cobrar, cando e como... a ver, segundo vaia a cousa, se hai recuperación ou tal... De momento pódesme ir pagando ti por vir traballar, que así estás entretido e aforras o psicólogo, que se quedas na casa vaslle empezar a dar voltas á cabeciña e igual te botas ao monte."
Isto é o que pasa cando mandamos os filólogos ao paro ou á emigración, que logo as palabras quedan nas mans de calquera.
Ningún comentario:
Publicar un comentario