Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

luns, 16 de xuño de 2014

A Terraza, á intemperie


A Terraza de Sada continua a deteriorarse sen que a Dirección Xeral de Patrimonio acabe de declarala BIC (Ben de Interes Cultural).
O magnífico edificio modernista foi proxectado por Antonio López Hernández e erixido nos xardíns de Méndez Núñez na Coruña en 1912, pero trasladouse peza a peza sobre carros de bois ata o paseo marítimo sadense en 1920. Desde entón e ata 1957 funcionou como estación para o tranvía que unía a vila mariñeira coa Coruña. Na actualidade o inmoble está ocupado por unha cafetaría que ofrece veladas de jazz ocasionalmente e cuxa concesión de explotación rematará en 2018.
Xa en 1975 o Ministerio de Cultura iniciara os trámites para declarar o quiosco Monumento Histórico-Artístico Nacional, pero o expediente rematou en augas de bacallau. E así seguimos, cunha xoia do art-decó desamparada ante o paso do tempo e dos temporais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario