O presidente da Xunta/Junta/Chunda-chunda de Galiza/Galicia/Jalisia, Alberte/Alberto/Albert Feixó/Feijóo/Fashion, afirma agora que quere traballar pola recuperación do consenso lingüístico sobre o idioma (galego, of course) dos tempos da Lei de Normalización Lingüística. Iso si, tamén nos informa de que non lle pasa pola cachola/mind/cabecita-loca derrogar o malfadado Decreto do Plurilingüismo, como miles de persoas lle reclamamos o pasado 8 de febreiro na manifestación convocada pola plataforma cidadá Queremos Galego en Compostela.
O Dicionario da Real Academia Galega non recolle o neoloxismo xunteiro 'plurilingüismo' |
Ningún comentario:
Publicar un comentario