Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

sábado, 23 de novembro de 2013

Iguais?

Cousas que lles encantan ás mulleres e aos homes


Pasear sen compañía ás catro da mañá por unha rúa deserta.

Achegarse á persoa que lles gusta e dicirlle cousiñas ao oído.

Vestir como lles dá a gana e ser respectad@s.

Conducir coa música a todo volume, mentres cantan desafinando.

Coidar das súas familias.

Cobrar o mesmo salario que @s compañeir@s.

Bailar ata caer rendid@s.

Saborear unha comida excelente preparada polo seu amor.

Ter un espazo e un tempo privados para si.

Poder dicir que non e que ninguén se anoxe.

Poder dicir que si e que ninguén lles perda o respecto.

Gardar segredos.

Dispoñer de diñeiro propio para gastar no que lles gusta.

Que se valore o seu traballo (remunerado ou non).

Berrar cando se enfadan.

Calar cando non queren falar.

Chorar cando están tristes.

Rir cando están alegres.

Mirar para as persoas atractivas que pasan ao carón.

Ser querid@s pola súa personalidade.

Ser admirad@s pola súa intelixencia.

Ter amig@s para toda a vida.

5 comentarios:

  1. Tamén gústanos ser diferentes sin que nos cuestionen.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xustamente, eu sei que en realidade non a todo o mundo lle ghusta cantar desafinando mentres conduce; hai quen canta ben, quen non conduce...

      Eliminar
  2. PArabéns, parabéns! VAia un abrazo grande para a Churrusqueriña desde Burela, co Mar ao Norte. Para que a Churrusqueira saiba que nos acordamos dela, que a queremos e que nos encanta que nos lembre con agarimo.

    ResponderEliminar
  3. Aí estamos, meus! Xa sabía eu que cos da Mariña non había haber fallo!

    ResponderEliminar
  4. Proxecto Neo: Por serdes tan riquiños, xa estades na listaxe dos meus blogs recomendados. Tardei un chisco, porque primeiro tiven que apreder a facelo.

    ResponderEliminar