Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

domingo, 24 de novembro de 2013

Eu son feminista. E ti?

Por inaudito que pareza, aínda hai quen pensa que machismo e feminismo son termos antónimos. Para esas persoas, poreime académica e legal, coa axuda do dicionario da RAG:

Feminismo: Doutrina que defende a igualdade de dereitos entre o home e a muller.

Machismo: Ideoloxía, comportamento ou actitude de quen defende a supremacía do macho e non acepta a igualdade de dereitos entre o home e a muller.

Existen miles de razóns polas que eu son feminista, pero no blog só caben algunhas, así que aí van:

Eu son feminista porque quero que en Arabia Saudita as mulleres poidan conducir os seus coches. Eu son feminista porque non quero que lles disparen ás nenas (como a Malala en Paquistán) por ir á escola. Eu son feminista porque non me gusta que os adolescentes controlen as súas mozas polo whatsapp. Eu son feminista porque me horroriza que ás mulleres lles desfiguren o rostro con ácido sulfúrico as súas ex parellas, como lle pasou a Mª Ángeles Ruiz González, española, de 29 anos. Eu son feminista porque me gustaría que homes e e mulleres adicasen o mesmo tempo e atención ao coidado das familias e do fogar. Eu son feminista porque creo que se convive mellor entre iguais. Eu son feminista porque 2/3 das vítimas de trata de persoas son mulleres. Eu son feminista porque no anuncio do Toyota Verso só o pai é o heroe d@s fill@s. Eu son feminista porque a mestra do Ferrol Ángela Ruiz Robles inventou o precursor do e-book en 1949 e pouca xente o sabe. Eu son feminista porque en Chile, nenas de once e trece anos violadas polos seus avós ou padrastos, non poden abortar (último caso, hai unha semana). Eu son feminista porque en España as mulleres gañan un 22,5% menos que os homes por facer o mesmo traballo. Eu son feminista porque non me gusta que os nenos xoguen a matar. Eu son feminista porque existe Mujeres y hombres y viceversa. Eu son feminista porque na India violan mulleres nos autobuses. Eu son feminista porque as monxas non poden dar hostias.

En conclusión:

Eu son feminista. 
E ti?

6 comentarios:

  1. Eu tamén son feminista.
    Grazas.

    Carlos

    ResponderEliminar
  2. Así me ghusta. Necesitamos homes feministas como a augha para beber!

    ResponderEliminar
  3. ¿como chamariamos as mulleres que loitan polos dereitos dos homes asoballados?

    ResponderEliminar
  4. Hoxe 25 de novembro é o día internacional contra a violencia de xénero.
    Oxalá nun futuro próximo só sexa o día contra a violencia.

    ResponderEliminar
  5. Oxalá todos os días de toda eternidade non tivesen que levar ningún nome máis que 5 de maio, por exemplo...

    ResponderEliminar