Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

venres, 22 de novembro de 2013

Benvid@s ao lugar das zarampagalegadas

Comezo esta zarampagalegada un día frío de novembro desde A Estrada, nun momento creativo da miña vida, grazas a un cardume de peixes que me axudou a navegar nun lugar sen mar. 
Grazas especialmente ao peixe riquiño, que me devolveu (sen el mesmo querer nin saber, sen facer nada máis que ser como é) as ansias de nadar ben.

Comezarei explicando o nome do blog: tiña outras palabras na mente (zaragalladas, churrusqueiradas, fervellasverzas) pero xa estaban "pilladas", así que tiven que inventar un neoloxismo: mesturei zarampallada (barullo de cousas) e galegando (non existe, pero enténdese).
Como tantas veces na vida, unha cambadela pode acabar sendo boa cousa; así que agora estou contenta de que o meu blog teña un nome que ata hoxe non existía.

10 comentarios:

  1. Oxalá sexa o comezo dun longo e próspero camiño!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas ghrazas, raparigha! Es a miña primeira comentarista. Ighual te chaman para a tele...

      Eliminar
  2. Hola boas noites, despois de ver a túa idea pois poñome a escribir, xa o vin o outro día, e a verdade é que estupenda idea tiveches. Si o tempo e frío e húmido, senón creo que non sería a Galiza que xa estamos acostumados a ver ou ouir nos nosos sentidos, a néboa pola mañá que nos desterra a ter un día mellor ou peor, é o tempo que estamos a vivir agora mesmo, ata saber donde será a hora ou data que nos veña o vrao e o tempo quente que todos botamos de menos despois do bo setembro que tivemo este ano. Esta é a continuidade dun proxecto que por incentidumbre tocoume asistir, a vivencia dos peixes, aventuras, desventuras é vidas cruzadas, con idades comprendidas entre pais e fillos, nais e pais, todos formamos un país. Boas noites país, espero que pasedes unha boa noite, é un bo comezo, ánimo e moita sorte.

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas, Luis. Como tod@s @s comentaristas sexan coma ti, escuso escribir moito, porque xa me faredes vós o choio. Grazas de novo.

    ResponderEliminar
  4. Noraboa polo teu blog. Faiseme unha idea caralluda!!!
    (xa sabes que o meu galego non desborda perfección, paciencia)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Con tentalo, abonda. É un dos obxectivos do blog, que pensedes:
      YES, WE CAN!

      Eliminar
  5. É estupendo... como diría un portugués: espantoso!!
    Noraboa.
    Espero máis novidades.
    Saúdos e moitos bicos.

    ResponderEliminar
  6. Moita sorte e para adiante!
    esto vai ser un éxito sin lugar a dúbidas

    ResponderEliminar