Enlace: Noviño do trinque
sábado, 16 de agosto de 2014
venres, 15 de agosto de 2014
mércores, 13 de agosto de 2014
martes, 12 de agosto de 2014
luns, 11 de agosto de 2014
Apocalipse
Abella perdeu o rumbo á colmea. Sequoia caeu con estrondo no bosque. Nena ollou os cascallos da súa casa derrubada.
A fin do mundo chegara: rutina.
domingo, 10 de agosto de 2014
Asoballados
Unha pequeniña mostra do que acontece nos territorios palestinos ocupados polos israelís (en tempo de paz). Neste caso, as cámaras visitaron Al-Khalil (topónimo árabe para Hebrón).
mércores, 6 de agosto de 2014
luns, 4 de agosto de 2014
I Día das Galegas nas Letras
A Sega organiza o I Día das Galegas nas Letras o próximo 15 de agosto no Areal de Berres.
Nesta primeira edición, a homenaxeada será Dorothé Schubart, compiladora do Cancioneiro Popular Galego.
Haberá xantar compartido, música, contos...
Tes toda a información en:
Tranquilo morreu caghando
O pasado venres tivemos a oportunidade de escoitar a Mariano Rajoy en rolda de prensa. Ademais de expresar un grande optimismo pola recuperación económica, que seica chegou para quedar, manifestou que unha das súas obrigas como presidente do goberno é estar tranquilo, porque é o mellor para o país e para si.
A viñeta de Davila no Faro de Vigo dá no cravo
Carlos Latuff
Carlos Latuff é un artista gráfico brasileiro comprometido, ao estilo do noso Castelao. A súa obra pode reproducirse libremente por expreso desexo do autor.
Qatar e FIFA: o crime perfecto
![]() |
| Isto non é apoloxía da ditadura? |
1.400.000 traballadores inmigrantes costrúen as infraestruturas para o evento "deportivo" nun país (escollido pola FIFA) no que os sindicatos están prohibidos e non existe un salario mínimo. Os operarios padecen xornadas de 12 horas a temperaturas de ata 55º, a miúdo cobran menos do pactado e tarde, dormen amoreados en pendellos sen electricidade e con pouca auga... A lei kafala determina que os obreiros non poden mudar de traballo nin saír do país sen a autorización do empresario, de forma que cando non aturan as condicións laborais e queren fuxir, retéñenlles varios meses de soldo e non lles devolven os pasaportes. O goberno anunciou a reforma deste sistema de patrocinio en febreiro, ante a presión da FIFA e dos organismos internacionais, pero Amnistía Internacional denuncia que só se maquillou a letra da norma, mantendo o seu espírito: a falta de liberdade de circulación dos traballadores e a súa desprotección ante os abusos.
![]() |
| Qatar ten a renta per cápita máis alta do mundo. Só 250.000 persoas dos 2 millóns que viven alí son cidadáns qatarís. |
A miña conclusión: crime perfecto, perpetrado por un réxime absolutista coa cooperación necesaria da FIFA, que encontrou axeitado celebrar o Mundial nun Estado onde non se respectan os dereitos humanos e que escraviza os inmigrantes. A miseria de moitos alicerza os rañaceos, as estradas e os estadios para que unha minoría presuma de país cando cheguen os convidados ao espectáculo global, que vibrarán sobre as bancadas sen pensar nos cadáveres que as sustentan.
Se queres ler o informe completo da Confederación Sindical Internacional, preme no enlace:
http://www.ituccsi.org/IMG/pdf/qatar_es_web_mars_2014.pdf
domingo, 3 de agosto de 2014
Crebacabezas
Dous exemplos de crebacabezas con fotografías persoais, creados con Photofunia de forma rápida e sinxela. Déixoche os enlaces debaixo de cadansúa imaxe.
![]() |
| No porto de Sada http://photofunia.com/effects/jigsaw_puzzle |
![]() |
| Na praia de Cesantes (Redondela) http://photofunia.com/effects/puzzle |
Pretty Deadly
A vilagarciá Emma Ríos competiu este ano polo premio Eisner de banda deseñada coa cuberta dun wéstern contemporáneo sobrenatural: Pretty Deadly.
Velaquí o seu excelente traballo.
sábado, 2 de agosto de 2014
Churrusquenciclopedia. Calatrávico
![]() |
Calatrava, con Barberá e Camps, ante a maqueta
pola que cobrou 15 millóns de euros
aínda que as torres nunca chegaron a construírse
|
Calatrávico: Estilo arquitectónico caracterizado polo seu carácter efémero, alto custo económico e afuncionalidade.
Triunfou a finais do século XX e principios do XXI, ao abeiro de políticos corruptos que financiaban con diñeiro público obras faraónicas nas que primaban o deseño no papel e o maquetismo sobre a enxeñaría real.
A palabra provén do apelido do seu principal representante: Santiago Calatrava, que conseguiu espallar a tendencia por varios continentes a pesar do alto índice de fracaso dos seus proxectos; que xeraron incidentes, accidentes e demandas por todo o planeta.
A expansión xeral do fenómeno, que afectou a moitos outros arquitectos (Eiseman planificou no Gaiás unha das obras mestras do período) recibe o nome de calatravismo. O leitmotiv do estilo é "continente supera a contido e se non custa unha millonada non é nada".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













.jpg)










