Ceo escamado, vendaval ao rabo. Así estaba o firmamento onte, 24 de marzo, en Santa Baia de Losón, Lalín. No seu cemiterio atopei un feixe de inscricións galegas -trece- de diferentes anos (a máis antiga corresponde cun finado en 1956, o que non quere dicir que a placa se colocase canda o seu pasamento).
Destaco un poemiña sinxelo que acompaña un defunto situado no outeiro, dende onde se enxergan os prados e, ao fondo, o Corpiño. Di así:
Aldeíña onde nacín...
Auguiña da fonte aquela...
soños, medos que sentín...
¡Meu curruncho, miña terra!

Ningún comentario:
Publicar un comentario