Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

sábado, 2 de agosto de 2014

Churrusquenciclopedia. Calatrávico

Calatrava, con Barberá e Camps, ante a maqueta
pola que cobrou 15 millóns de euros 
aínda que as torres nunca chegaron a construírse
Calatrávico: Estilo arquitectónico caracterizado polo seu carácter efémero, alto custo económico e afuncionalidade. 
Triunfou a finais do século XX e principios do XXI, ao abeiro de políticos corruptos que financiaban con diñeiro público obras faraónicas nas que primaban o deseño no papel e o maquetismo sobre a enxeñaría real.
A palabra provén do apelido do seu principal representante: Santiago Calatrava, que conseguiu espallar a tendencia por varios continentes a pesar do alto índice de fracaso dos seus proxectos; que xeraron incidentes, accidentes e demandas por todo o planeta.
A expansión xeral do fenómeno, que afectou a moitos outros arquitectos (Eiseman planificou no Gaiás unha das obras mestras do período) recibe o nome de calatravismo. O leitmotiv do estilo é "continente supera a contido e se non custa unha millonada non é nada".

Ningún comentario:

Publicar un comentario