Podes montar uns chaveiros personalizados tan baratos coma estes (3 xogos de compoñentes por un euro) introducindo entre as plaquiñas obxectos sinxelos que signifiquen algo para ti.
Neste caso, eu inserín dous anaquiños dun fento que plantei na terraza; mais poderías usar area dunha praia pola que adoites pasear, anaquiños de poemas que che gusten... a pouco que penses seguro que se che ocorren ideas interesantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario