Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

venres, 9 de decembro de 2016

Bilingüismo harmónico. Consumo gusto

Decido iniciar unha nova subsección no blog para acoller esas marabillas da mestizaxe lingüística coas que nos deleitan os medios de comunicación decote. Como non podía ser doutro xeito, levará por título Bilingüismo harmónico, ese grande invento dos novos tempos ao que tanto contribúen tantos e tan variados sectores da nosa sociedade. 

Mais... non se me alteren os preocupados pola "imposicióndelgallego", porque non se trata dunha sección de denuncia, ca! É unha sincera homenaxe ao noso pobo: un "hurra!" por sermos un exemplo de comunidade inclusiva e tolerante; un "bravo!" por nós, que aprendemos a desencriptar mensaxes multilingües tal espías de elite sen poñermos caras. Non, señor, nós non che somos coma esoutros que nos fan traducións simultáneas cando pedimos "un café con xeo" (un café con hielo?) e aos que respondemos: si, por favor.

Logo... somos ou non somos ultrarradicais da "riquiñez"?

Ningún comentario:

Publicar un comentario