[Sinónimo: dactilografar.]
domingo, 27 de decembro de 2015
xoves, 24 de decembro de 2015
Penedo zoomorfo
Esta é a fotografía ampliada dun penedo situado ao carón do río Oitavén, preto do lugar de Liñares, no concello da Lama. Non parece talmente un animal narigudo descansando?
mércores, 23 de decembro de 2015
Carta de recomendación, Morrer de pracer & Contos. Luís Pirucha
Hoxe quero recomendarvos un blog que contén relatos breves e poemas da autoría dun mozo ao que non lle gusta ler literatura, segundo confesa nun programa televisivo (no que atinxe á sinceridade, parece que imos ben). Escritor compulsivo ao que de cando en vez lle gustaría poder reprimir esa febre creadora, difunde o seu traballo por terra (postes, muros...), mar (redes varias) e aire (ondas televisivas); ademais do tradicional papel (cun prezo máis que razoable de 4 euriños polo libro autoeditado Luisteratura).
Velaquí vos van tres mostras tiradas do seu sitio (MINISTERIO DE ASUNTOS LITERARIOS) e, a pé de páxina, o enlace para accederdes ao tal.
_____________________________________________________________________
CARTA DE RECOMENDACIÓN
Á atención do departamento de Recursos Humanos da empresa Madeiras Murta:
No referente á nosa experiencia co traballador Luís Pirucha, podemos confirmar que fixo parte do cadro de persoal da nosa empresa entre maio de 1998 e novembro de 2000. Durante ese tempo desempeñou unha única tarefa: mozo de ouriñal, o posto máis baixo da nosa fábrica. Asistía ás persoas que ocupaban as máquinas á hora de facer as súas necesidades. Desenvolveu o traballo maxistralmente, axudando a que ninguén perdese nin un segundo indo ao cuarto de baño. Grazas a iso a produtividade da fábrica aumentou nun 47%. Merecedor dun ascenso, optamos por darlle simplemente aumentos de salario graduais, debido a que non atopamos ningunha persoa capacitada para poder substituílo eficazmente. Aínda que era unha das persoas que máis diñeiro gañaba, decidiu abandonar a empresa debido á súa ambición por ocupar un posto menos humillante nalgún outro lugar.
Atentamente,
Suevia Ferreiro Pazos
Responsable de Recursos Humanos da empresa Madeiras Buxo
_________________________________________________________________________________
MORRER DE PRACER
A vida de Antía era moi fodida. Porén, en lugar de enfrontarse aos causantes dos seus problemas, mordía os beizos. Maltrataba, buscando descargar a rabia acumulada, aquel corpo que detestaba.
O día no que máis lle doía vivir, fíxoo con tanta forza que arrancou a metade do beizo inferior. Cuspiuno, e contemplouno pensativa. Preguntábase por que os vermes comen persoas mortas. “Se cadra saben ben”, pensou. Abaixouse para recoller do chan o anaco mutilado do seu pequeno corpo, e mastigouno. Tiña un sabor incrible. Continuou alimentándose de si mesma ata que desapareceu completamente, morrendo de pracer.
_______________________________________________________________
CONTOS
Os meus mellores contos
naceron na túa cama,
e morreron lonxe dela
intoxicados coa tinta podre
que circula polas miñas veas.
___________________________________________________
Enlace a MINISTERIO DE ASUNTOS LITERARIOS
martes, 22 de decembro de 2015
venres, 18 de decembro de 2015
Graffiti de Montederramo. O ermitán de San Mamede
Conta a lenda que un home construía unha ermida no monte coa axuda de dous corzos que lle carrexaban as pedras, cando chegou o lobo e lle matou un dos animais. O ermitán decidiu entón que o depredador continuase o traballo do cérvido ata o remate da obra, e así aconteceu.
Non conforme con esta fazaña, fixo nacer auga dunha rocha (onde hoxe se atopa a Fonte do Santo) e librou o conde de Maceda de ser comesto polos lobos (quen, agradecido, organizou unha procesión na súa honra). Por estas e outras marabillas, a serra herdou o seu nome: San Mamede.
Etiquetas:
anacoreta,
Cestola na Cachola,
DRAG,
eremita,
ermitán,
graffiti,
graffiti de Montederramo,
lenda do ermitán de San Mamede,
lingua,
Miguel Peralta,
Montederramo
mércores, 16 de decembro de 2015
Aprende, lacazán!
Este Indalecio seica traballa no eido da cultura... pois eu digo que non (se) cultivou na vida; por moito que presuma de sachar na leira do territorio coruñés.
martes, 15 de decembro de 2015
domingo, 13 de decembro de 2015
sábado, 12 de decembro de 2015
venres, 4 de decembro de 2015
luns, 23 de novembro de 2015
Rural love
O Leo, coa elegancia e a seriedade que o caracterizan, amósanos o seu lado máis romántico (o posterior) neste videoclip de ambientación bucólica. Locus amoenus, cantigas populares e fonolingüística... alguén dá máis?
Para leres a letra: https://arremecaghona.bandcamp.com/track/rural-love
Graffiti de Ourense. O monstro e o peón
Non me preguntedes como conseguín o efecto espectral do transeúnte, porque non foi á mantenta... o caso é que o monstro acuático parece divertirse ollando para o viandante fantasma.
sábado, 21 de novembro de 2015
Dicionario visual. Chambonada
Se a lingua reflicte a realidade dos falantes... a abundancia de sinónimos de "chambonada" non di cousa moi boa de nós. Haberá que pórlle máis xeito ao que se fai.
Botica fotografada en Ourense
Etiquetas:
cerellada,
chafullada,
chapuza,
curiosidades,
dicionario visual,
DRAG,
lingua,
maravallada,
marfallada,
trangallada,
trapallada,
zarampallada,
zarangallada,
zarapallada
Dicionario visual. Burga
Burga: Mananacial de auga quente [que adoita ter propiedades medicinais]. Etimoloxía: probablemente dunha voz de creación onomatopeica *gurg-. (Fonte: Gran Dicionario Xerais da Lingua).
venres, 13 de novembro de 2015
Corina Porro: liberdade de expresión
Altamente recomendable é o artigo de Cibrán en Carta Xeométrica, a teor do fantástico e fantasioso parlamento da presidenta do CES.
Preme sobre a ligazón ao rodapé se ti tamén es un/ha libertario/a e goza co bilingüismo extremo da ínclita dama.
Preme sobre a ligazón ao rodapé se ti tamén es un/ha libertario/a e goza co bilingüismo extremo da ínclita dama.
martes, 10 de novembro de 2015
domingo, 8 de novembro de 2015
Graffiti de Quiroga. Lavandeira do Sil
Podes esoitar a lenda das lavandeiras do Sil na seguinte ligazón:
mércores, 4 de novembro de 2015
martes, 3 de novembro de 2015
Buble Gum One no Xuventude Crea 2015
O lugués non abandona a súa musa... e álzase co segundo premio do Xuventude Crea 2015 (déjà vu)
Graffiti. Honey no Xuventude Crea 2015
Os animaliños volven ser protagonistas na obra de Miguel, o mozo baionés ao que coñecín hai un par de anos no Xfest da Estrada. A continuación da alegría cromática canda unha menor abstracción no fondo, conseguen enriquecer a obra, ao concretar o hábitat desta simpática microfauna.
Graffiti. Mon en neon
![]() |
Cun autorretrato realista a xeito de neon, Mon alzouse co primerio premio do Xuventude Crea 2015 https://www.facebook.com/mondevane/ |
martes, 13 de outubro de 2015
venres, 4 de setembro de 2015
xoves, 30 de xullo de 2015
luns, 20 de xullo de 2015
sábado, 18 de xullo de 2015
A lei da oferta e a demanda
No neocapitalismo, como nos xogos de azar, a banca sempre gaña; e como en calquera casino, o diñeiro non o pon a empresa, senón os xogadores. Só que no caso das pseudodemocracias capitalistas neoliberais, os cartiños saen do pecunio público, ou sexa, das traballadoras e dos traballadores; porque xa sabemos que a presión fiscal sobre os rendementos do traballo é substancialmente superior á imposición sobre os beneficios empresariais.
Esquematizando moito: co diñeiro de todos (mediante saborosas subvencións), páganse as infraestruturas, (e outras troulas, pola porta de atrás) e póñense en marcha os proxectos. Que a cousa sae ben e hai beneficios? A empresa concesionaria privada ou privatizada enche os petos (quero dicir, os empresarios que están detrás). Que sae coma o cu, por falta de estudos serios, previsións acertadas ou simplemente porque en realidade só se montou o tenderete para lucrar políticos mediante comisións e empresas mediante subvencións a fondo perdido? Non pasa naaaada: aquí paz, e despois, gloria. A vender por prezo de risa a outra empresa (cando non a mesma con outro nome) garantindo un número mínimo de ganancias, e se non as houber: volvemos soltar a galiña entre todos, porque é moi importante manter as empresas (privadas,iso si), que polo visto son as que nos dan de comer.
Ha!
Dicionario visual. Cíngara-o

Lendo un artigo de Méndez Ferrín no xornal, batín coa palabra "tzíngaro", que me chamou a atención, así que me lancei á procura do termo nos dicionarios. Non encontrei a variante ferriniana, senón a forma común "cíngaro", pero si achei diferenzas semánticas entre varios dicionarios consultados:
Para o DRAG, este vocábulo só fai referencia aos xitanos italianos ou a calquera cousa relativa a eles; e apunta á orixe italiana da palabra.
Para o Gran dicionario Xerais da lingua, os cíngaros forman parte dun pobo nómade que se estendeu por Europa, nomeadamente desde Hungría, a partir do século XIII e o adxectivo serve, xa que logo, para todo o relativo á súa cultura, alén de o substantivo nomearen as persoas.
No Gran dicionario Cumio da lingua galega, o termo aplícase aos xitanos, especialmente, da Europa central.
Tentei comparar os resultados co Dicionario de dicionarios da lingua galega, mais non aparece ningunha variante das que se me ocorreron (cíngaro, zíngaro, tsíngaro, tzíngaro) no seu corpus. A forma italiana é "zingaro".
venres, 17 de xullo de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)