Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

sábado, 18 de xullo de 2015

Dicionario visual. Cíngara-o


Lendo un artigo de Méndez Ferrín no xornal, batín coa palabra "tzíngaro", que me chamou a atención, así que me lancei á procura do termo nos dicionarios. Non encontrei a variante ferriniana, senón a forma común "cíngaro", pero si achei diferenzas semánticas entre varios dicionarios consultados:

Para o DRAG, este vocábulo só fai referencia aos xitanos italianos ou a calquera cousa relativa a eles; e apunta á orixe italiana da palabra.
Para o Gran dicionario Xerais da lingua, os cíngaros forman parte dun pobo nómade que se estendeu por Europa, nomeadamente desde Hungría, a partir do século XIII e o adxectivo serve, xa que logo, para todo o relativo á súa cultura, alén de o substantivo nomearen as persoas.
No Gran dicionario Cumio da lingua galega, o termo aplícase aos xitanos, especialmente, da Europa central.

Tentei comparar os resultados co Dicionario de dicionarios da lingua galega, mais non aparece ningunha variante das que se me ocorreron (cíngaro, zíngaro, tsíngaro, tzíngaro) no seu corpus. A forma italiana é "zingaro".

Ningún comentario:

Publicar un comentario