Conta a lenda que un home construía unha ermida no monte coa axuda de dous corzos que lle carrexaban as pedras, cando chegou o lobo e lle matou un dos animais. O ermitán decidiu entón que o depredador continuase o traballo do cérvido ata o remate da obra, e así aconteceu.
Non conforme con esta fazaña, fixo nacer auga dunha rocha (onde hoxe se atopa a Fonte do Santo) e librou o conde de Maceda de ser comesto polos lobos (quen, agradecido, organizou unha procesión na súa honra). Por estas e outras marabillas, a serra herdou o seu nome: San Mamede.
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
ResponderEliminarBorrei este comentario sen querer. Dicía: Unha bonita lenda.
EliminarEste comentario foi eliminado polo autor.
Eliminar