Acertou plenamente o mozo lugués coa sobriedade cromática nesta composición cinética que lle valeu o 2º premio no Galiza Crea 2014, celebrado onte en Compostela.
A velocidade dos galgos, adiantados aos cabalos azuis (talvez homenaxe ao expresionista alemán Franz Marc) arrinca as plumas da pobre pomba pacífica que, no entanto, parece resistir, centrada na escena.
[Mágoa do foco situado xusto enriba da parte dereita do panel, que distorsiona un chisco as cores da obra, achegando unha luminosidade irreal que descompensa a imaxe fotográfica. Como sempre, os graffiti só ofrecen o seu xusto valor contemplados in situ.]
Podedes seguir a obra do artista en
Ningún comentario:
Publicar un comentario