Xeniais Sés e toda a banda, onte, na Praza da Ferraría de Pontevedra. Forza a esgalla e, como sempre, unha "mullerasa" sen pelos na lingua das que fala aínda que non lle pregunten. Ás cativas e aos cativos, sedentes ou bailantes na primeira liña, dedicoulles o meu tema favorito do álbum "Co xenio destrozado": Porco blues. Déixovolo aquí nunha gravación realizada n´A Pousada das Ánimas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario