...o que se dá non se quita.
|
Imaxe do pasado? Fotografía de Raquel Jiménez |
Ese é o lema do conselleiro de Educación, Xesús Váquez e dos equipos directivos dos colexios que recibiron ilegalmente 12 millóns de euros da Xunta de Galicia. Escusándose no asunto de que a LOMCE xa ampara a subvención aos centros que separan alumnos de alumnas, agora resulta que non hai por que devolver o diñeiro que se regalou indebidamente porque incumpría a lei vixente no momento no que se concedeu. Ou sexa, que nos anos nos que se lle mete a tesoira ao ensino público sen misericordia, dóanse alegremente os cartos de tod@s ás escolas ultracatólicas sabendo que é ilegal e despois confecciónase un traxe á medida (a LOMCE) para poder seguir nas mesmas, mais dentro da legalidade.
Alén da cuestión económica, como pode ser constitucional unha escola segregacionista? Que pensariamos dun colexio que separase ou só admitise alumnado autóctono, ou branco, ou fraco? Que clase de educación foxe da riqueza da variedade para retroceder aos tempos da ollada única e uniforme? Se a escola prepara para a vida, en que mundo de xénero único pensa habitar o alumnado de tales escolas? Ou van acabar tod@s en conventos e mosteiros?
Ningún comentario:
Publicar un comentario