Restos artísticos no xardín, ao desleixo Foto: Ignacio Olveira López |
O Concello máis cativo do Estado (Mondariz-Balneario) asinou un convenio cunha construtora para recualificar 1.445 m2 do xardín histórico do Gran Hotel e levantar alí uns chalés. En troco, Sodesmon (Sociedad para el Desarrollo Sostenible de Mondariz, mira ti que nome tan ao xeito!) cederíalle ao Concello o resto do terreo que posúe na zona axardinada, 400 m2 noutra parcela para facer un pendello e o edificio da antiga lavandería, onde a Xunta podería instalar un Museo da Auga (optativo, porque no acordo explicítase que se por calquera circunstancia non se crease o Museo, non se invalidaría ningunha das outras claúsulas. Xa se sabe: home precavido vale por dous, o que avisa non é traidor, etc.).
A plataforma SOS Xardíns Mondariz-Balneario encargou un informe á Universidade de Vigo, que destaca o valor dun Museo da Auga no lugar, pero sen desintegrar o conxunto histórico, que debería preservarse. Recomenda, ademais, que o xardín sexa declarado BIC (Ben de Interese Cultural).
Desta volta non direi que partido goberna no Concello. Serás quen de adiviñalo?
Desta volta non direi que partido goberna no Concello. Serás quen de adiviñalo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario