Logo do seu fulgurante éxito como meiga no programa A bóla de cristal (1984-1988), a nosa malvada favorita caeu no esquecemento. Atrás quedou a proclama que lle dera sona: "Viva o Mal, viva o capital", malia acabar resultando dramaticamente profética.
Desempregada e afastada do público, os anos 90 abocárona ao mundo das lambetadas. A piques de morrer por unha sobredose de glicosa, a artista logrou superar a súa adicción e decidiu reorientar a súa carreira profesional.
Na actualidade traballa como peiteadora persoal da artista cubana establecida en Sitges, Lucrecia.
Lonxe dos focos, afirma sentirse feliz e en calma, reconciliada finalmente co mundo e co seu "espírito interior".
Mucha imaginacion y nostalgia
ResponderEliminar