Pascual foi entrevistado por Jordi Évole o pasado domingo en Salvados |
Pero logo de sete anos de batallas, o Tribunal Supremo deulle a razón; non porque o pastor tivese dereito a continuar co seu estilo de vida, senón unicamente porque no secano murciano non hai auga abonda para satisfacer a demanda que xeraría a nova veciñanza. Cando Jordi lle pregunta de que partido é, Pascual afirma ser "dos pobres", mais na súa casa o reloxo non muda de hora dúas veces ao ano.
Pascual renunciou a unha manchea de millóns a cambio dunhas terras que, a dicir da xente, non valen nada, porque posúe todo o que lle cómpre: a terra, o gando, o oficio e a dignidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario