Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

sábado, 1 de febreiro de 2014

Pokémon: Monstros de Peto (Pocket-Monsters)


Os "personaxes" implicados na Pokémon (o maior caso de corrupción investigado en Galicia, con máis de cen imputados) eran alcumados con nomes como: Birollo, Pulpo, Ojo de Lince, Pijolandia, La Pelos, Puñales, Cachas Negras, El Gordito, El Padrino, El Cura, El Embajador, El Chino, Garbancito... Non son curriños?

A apertura de boa parte do sumario da Pokémon por parte da xuíza Pilar de Lara desvela unha complexa mafia organizada polo grupo Vendex que subornaba políticos do PSOE e do PP en varios concellos (Lugo, Ourense, Santiago, A Coruña, O Carballiño... parece que en Pontevedra e Sanxenxo tamén o tentaron, sen éxito) para conseguir contratas públicas, desde concesións da ORA ao mantemento de zonas verdes.
Ademais de soldos mensuais, os políticos corruptos recibían agasallos -como Rólex valorados en 6.000 euros ou cadros de 120.000-, contratos para achegados nas empresas do grupo e ata aprobados na universidade para algún fillo; segundo revelan as escoitas telefónicas efectuadas polo Servizo de Vixilancia Aduaneira. 

Pois si que son monstros dos petos: dos nosos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario