Obra de Pawel Kuzcynski |
A empresa creada por Zuckerberg compra WhatsApp por 13.800 millóns de euros, un prezo que parece esaxerado por un servizo gratuíto, aínda que en efectivo Facebook só achega 2.900.
E para que?
WhatsApp xestiona a diario 50.000 millóns de mensaxes, sen acceder aos seus contidos. Isto é o que podería mudar. O quid parece estar na información sobre potenciais consumidores, que facilitaría a focalización de publicidade de forma individualizada, facéndoa máis efectiva. No entanto, o comprador insiste en que non vai cambiar as características do servizo de mensaxería.
Por outro lado, Facebook estaba a sufrir unha gran caída de usuarios en todo o planeta, ademais de ter unha implantación menor que WhatsApp en Europa, Asia e Latinoamérica, rede que medra a un ritmo nunca antes coñecido por unha empresa (conseguiu 450 millóns de usuarios en catro anos).
De momento, nos primeiros días tras a compra, plataformas alternativas como Telegram xa experimentaron un grande ascenso, coa conseguinte caída das liñas pola avalancha de altas e baixas.
Canto tardaremos en soportar anuncios inseridos no medio das conversas?
Tanto bombo por unha tontería. cae o juasap e xa tolea a xente.
ResponderEliminarÉ que hai xente que xa non se acorda de que se pode quedar para falar en vivo e en directo, paseando ou tomándolle un tróspiro. Éche así, parece que nos sorbeu o siso a tecnoloxía.
ResponderEliminarEstou totalmente de acordo contigo.
ResponderEliminar