Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

martes, 26 de novembro de 2013

Un pai sempre será un pai

Esta entrada do blog é simplemente para aclarar algo que dixen en público nunha clase de inglés da EOI da Estrada. Un saúdo grande a tod@s @s "classmates" e á "teacher" que comparten comigo catro horas e media semanais que se me fan ben curtiñas. Un saúdo especial a David, que di sempre o que pensa (olé!) aínda que ninguén llo pida (niso, somos cuspidiños).

Pois ben, as palabras do malentendido foron as que encabezan este texto:
"Un pai sempre será un pai".

Cando eu digo "pai", non me refiro ao propietario dun espermatozoide que se veu arriba.

Para min, un pai é un home que educa, cría, coida, protexe e quere os seus fillos e fillas. Se non fai todas esas cousas (tan difíciles), non merece nomearse con esa palabra de tres letras que avulta como se tivese trinta.

A min tanto me ten que o primeiro cabezolo que se uníu a un óvulo para xuntos crearen unha persoa saíse do butaneiro (non sei por que, pero teñen fama de seren moi "poñedores"), dun estudante universitario da USC que se fixo doador de seme para acabar a carreira (tal e como van as cousas, creo que esta actividade irá en aumento) ou dun señor que se deita xunto á nai todas as noites mirando para o outro lado da cama.

Quero dicir que se un pai fai todo o que debe facer para levar tal nome, nin @s fill@s nin el merecen perder a relación no caso de se separaren os cónxuxes, mesmo aínda que @s nen@s sexan ben cativ@s.

Por iso apoio a custodia compartida, pero só naqueles casos nos que ambos pais merezan o seu título.

A Churrusqueira dixit.

Ningún comentario:

Publicar un comentario