practicar sexo por deporte,
como quen fai ximnasia:
para queimar calorías.
Non entendo tanto
tacto sen contacto.
Para que tanto fume
se non hai lume?
A que tanto ruído
sen noces?
Antes prefiro
o roce suave
da túa mirada
no meu escote.
A Churrusqueira
Encantada con esta nova idea túa.
ResponderEliminarMáis encantada co que acabo de ler.
Aí estamos! Envíame de novo o correo da "meniña", que o perdín.
EliminarQue cousa máis triste, e facer todo sen amor, sen alma e como se foramos chips informáticos, que é a nova idea que teñen as cacholas pensantes do xl semanal de este semán, augurán un futuro no que non aprenderemos os idiomas, senón nos insertarán unha tarxeta onde xa non fará falla estar un ano na clase, senón xa saberemos expresarnos con toda calidade, hai non quero que se aforren ese ano de clase, aparte de aprender, as experiencias das aulas son estupendas, quero outro tipo de progreso!!!!
ResponderEliminarXente pide xente!
ResponderEliminar