Esta entrada do blog será, probablemente, unha das máis breves que publique; porque non necesita argumentación nin comentarios.
Recentemente, unha moza investigadora da USC solicitou ao Ministerio de Economía unha bolsa para os estudos predoutorais. O certificado de estudos achegado estaba escrito en galego.
A resposta foi a seguinte:
"Revisada, por la Subdirección General de Recursos Humanos para la Investigación, la instancia de solicitud presentada por usted, le informo que se han detectado los siguientes defectos en la documentación aportada:
- El certificado de estudios presentado telemáticamente no está redactado en español o en inglés (artículo 22.4.c.)."
Ningún comentario:
Publicar un comentario