Cando as condicións laborais precarias causan mortes, non deberiamos falar de accidentes laborais senón de atentados contra a clase traballadora por parte dos empresarios, coa conivencia das administracións públicas que licitan as obras e logo non cumpren coa súa obriga de velar para que nelas se respecten as leis.
Desta volta faleceu un obreiro na ponte de Rande, unha semana despois de denunciaren os traballadores a explotación que sofren, con xornadas de 12 horas de insolación a cambio de salarios miserentos.
Sempre considerei a morte nun accidente laboral como unha das máis inxustas e tristes.
ResponderEliminar