A ONG sen ánimo de lucro loita de novo contra a imposición das linguas minorizadas do Estado sobre a dominante. A plataforma da que Galicia Bilingüe forma parte, Hablamos Español, impulsa unha ILP para que as familias poidan educar a súa descendencia na escola pública unicamente no idioma cervantino. Tocante aos centros concertados e privados, representantes da organización manifestaron que non ten caso porque neles, afortunadamente, só se usa o dialecto vernáculo o Día das Letras Galegas, nun par de cancións e algún poemiña bucólico. "Por la libertad de expresión y de educación, tenemos derecho a que nuestros hijos ignoren y desprecien una parte esencial de la cultura en la que han nacido o viven, tanto o más de lo que ya lo hacemos nosotros, porque la vida es progreso", declarou un militante de Galicia Bilingüe a este medio.
Menos mal que nos queda xentiña coma esta para animarnos a vivir en galego.
ResponderEliminarSi. Polo menos agora queda claro que o de autodenominárense bilingües era unha argallada para enganar persoas inxenuas.
Eliminar