Así campa o traballo de Doa sobre un dos moitos edificios deshabitados da aldea-encrucillada dos Peares. Xunta a estación de tren, noutrora buliciosa, érguense vivendas e locais de xenerosa fasquía que dan conta dun pasado máis próspero ca remoto. A maxia dos artistas (hai un mural -tamén magnífico- de Miguel Peralta ben preto) consegue transformar as paredes en lenzos colosais e marabillosos, mais non pode resucitar a vida interior doutros tempos. Mágoa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario