Unha imaxe vista na rede (esta que roubei, cunha lingua convertida en amorodo) inspiroume un carteliño que pretende expresar a multifuncionalidade (panfuncionalidade, para sermos exact@s) da nosa lingua, por riba de prexuízos e estereotipos que tentan asimilala a determinadas ideoloxías, clases sociais, hábitats, idades... O galego pode expresalo todo: o concreto e o abstracto; o real e o imaxinario; a mentira e a verdade... mais, sobre todo, exprésaNOS.
O froito da amorodeira ten varios nomes en galego (aínda que o DRAG recomenda a forma 'amorodo'): amorogo, morogo, morodo, morote; e, fronte a outros dicionarios, reserva o vocábulo 'careixón' unicamente para o froito silvestre.
Se non podes durmir pensando que raio será unha 'fresa', tranquil@, que aquí che vai a definición da RAG: Ferramenta
de aceiro constituída por unha serie de coitelas dispostas en forma de
cono ou de cilindro, que serve para puír, furar ou para facer máis
grosos os furados dunha peza de metal ou de madeira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario