Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

xoves, 6 de novembro de 2014

Por unha letriña!

A grande esperanza negra hai ben tempo que viña perdendo a cor. A derrota -tras a desilusión provocada entre os electores latinos, sobre todo, pola demora na reforma das leis migratorias que tanto lles afectan- concedeulle a maioría no Senado e no Congreso ao Partido Republicano e agora a Obama só lle queda manter o tipo ata 2017, ano no que rematará a súa presidencia.
Sen concluír a grande aposta do seu goberno por unha Sanidade pública de calidade, mantivo (mantén) unha política exterior no que se refire aos conflitos bélicos que ben podería ter asinado a dereita máis conservadora (véxase, simplemente, o apoio incondicional a Israel no masacre de Gaza dos últimos tempos). A concesión do Premio Nobel da Paz (?!) en 2009 non lle impediu bombardear ata sete países desde aquela.
Por estas razóns e por outras (como o incumprimento da promesa de pechar Guantánamo) comparto a decepción por un presidente cuxa imaxe se foi esvaecendo canda os seus actos, tornándose máis e máis cincenta, destinguíndose ata o branco, desaparecendo tal pantasma do que non chegou a ser.

Ningún comentario:

Publicar un comentario