martes, 8 de novembro de 2016
luns, 7 de novembro de 2016
Dicionario visual. Aluar
Neste caso non é unha nave espacial, senón un mozo, quen parece pousar o pé sobre a Lúa, mais é tan linda a fotografía de Frode Sandbech que non puiden resistirme a utilizala.
Dicionario fraseolóxico visual. Detrás da cruz...
Non son poucos os refráns galegos que critican esa aparencia de bondade cristiá que agocha condutas e pensamentos ruíns.
Velaquí van algúns exemplos:
A cruz nos peitos e o diaño nos feitos.
Cando o demo está farto de carne, métese frade.
Cara de beato e unllas de gato.
Detrás da cruz estache o demo.
O rosario ao pescozo e o demo metido no corpo.
Santo na praza e demo na casa.
A cruz nos peitos e o diaño nos feitos.
Cando o demo está farto de carne, métese frade.
Cara de beato e unllas de gato.
Detrás da cruz estache o demo.
O rosario ao pescozo e o demo metido no corpo.
Santo na praza e demo na casa.
Parellas imposibles. Estrema/Extrema
Cunha orixe etimolóxica común, a semellanza semántica entre os dous vocábulos é evidente, mais non son sinónimos.
domingo, 6 de novembro de 2016
venres, 4 de novembro de 2016
luns, 31 de outubro de 2016
sábado, 29 de outubro de 2016
martes, 25 de outubro de 2016
luns, 24 de outubro de 2016
venres, 21 de outubro de 2016
Como eu te amo. Aldaolado
Anos despois das versións de Rocío Jurado e Raphael, o dúo Aldaolado (simbiose comunicativa de Lucía Aldao e María Lado para o ben social) ofrécenos a súa adaptación do tema Como eu te amo por unha boa causa: aprendernos de vez a colocar o pronome átono en galego.
Quen llo ía dicir a Manuel Alejandro...
Quen llo ía dicir a Manuel Alejandro...
martes, 18 de outubro de 2016
Parellas imposibles. Fríxido/Frixido
Tanto importa o acento, que pode converter o frío extremo en calor (logo dunha viaxiña pola tixola).
luns, 17 de outubro de 2016
sábado, 15 de outubro de 2016
martes, 11 de outubro de 2016
luns, 10 de outubro de 2016
sábado, 1 de outubro de 2016
Parellas imposibles. Cogombro/Pepiño
O primeiro vocábulo fai referencia a unha planta comestible (Cucumis sativus) e mais ao seu froito; o segundo é o diminutivo do hipocorístico Pepe.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)























