Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

luns, 7 de novembro de 2016

Dicionario fraseolóxico visual. Detrás da cruz...


Non son poucos os refráns galegos que critican esa aparencia de bondade cristiá que agocha condutas e pensamentos ruíns. 
Velaquí van algúns exemplos:


A cruz nos peitos e o diaño nos feitos.
Cando o demo está farto de carne, métese frade.
Cara de beato e unllas de gato.
Detrás da cruz estache o demo.
O rosario ao pescozo e o demo metido no corpo.
Santo na praza e demo na casa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario