Supoño que coñeceredes a canción Cheque al portamor, de Melendi. O seu videoclip, a xeito de curtametraxe cinematográfica, realizado por Chula Producciones cuns medios dignos de mellor historia que contar, arrasou en youtube en canto chegou á rede.
Para quen non coñeza a letra, o argumento é ben sinxelo: unha muller que cambia o amor da súa vida por un home con pasta (que lle pague os tratamentos de beleza). Sen entrar en críticas literarias a unha letra insulsa, da que só reproducirei tres versos como botón de mostra:
Tú que presumes de atea
mientras yo vivo de la marea
que un dios puso en mi garganta.
(Gabándose de marea divina na gorxa; que atrevidiños son algúns, miña nai!...).
Prescindindo, pois, de entrar na forma e centrándonos no contido:
Tú que presumes de atea
mientras yo vivo de la marea
que un dios puso en mi garganta.
(Gabándose de marea divina na gorxa; que atrevidiños son algúns, miña nai!...).
Prescindindo, pois, de entrar na forma e centrándonos no contido:
Como pode ter éxito unha canción tan retrógrada?
Como se pode seguir transmitindo unha imaxe estereotipada tan falsa sobre as mulleres?
A MIÑA PUNTUACIÓN PARA MELENDI POR ESTA CANCIÓN:
CINCO TROUSABONECOS
