Xa falei nunha entrada anterior das posibilidades que ofrece a aplicación Prisma para Android. Nesta ocasión podedes ver que ben queda unha mala fotografía -miña- do carballo centenario situado no adro da igrexa parroquial de Bermés (Lalín) ao asemellala á Grande onda de Kanagawa, do artista xaponés do XIX Katsushika Hokusai.
Ningún comentario:
Publicar un comentario