Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

domingo, 7 de agosto de 2016

Dicionario visual. Albanel-ela


O DRAG recolle a palabra "albanel" como substantivo masculino, sen indicarnos que exista unha forma feminina correspondente (malia iniciar a súa definición como 'persoa')*. Mais procurando nas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (RAG-ILGa), vemos que -pola súa terminación- este vocábulo non pode adscribirse a ningún dos casos especiais; xa que logo, corresponde seguir a norma xeral de formación do feminino:

O feminino dos substantivos e adxectivos fórmase comunmente coa terminación -a, que se une directamente á forma do masculino se esta acaba en consoante ou vogal tónica [....].

[Podes acceder ás Normas... completas en formato pdf premendo AQUÍ].


______________________________________

*Consultada a RAG por vía electrónica no referente a este vocábulo, esta foi a súa resposta (que transcribo literalmente):

Por se tratar duha profesión tradicionalmente vinculada ao sexo masculino, non contamos polo momento cunha solución para denominar as mulleres que se dedican á albanelería, polo que se lle trasladará esta cuestión á comisión correspondente para que resolva como debe ser a forma feminina ou se “albanel” se pode utilizar tanto co masculino coma co feminino.
Moitas grazas pola súa suxestión.

Atentamente,

Seminario de Lexicografía
Real Academia Galega (RAG)
Monte Gaiás s/n
Cidade da Cultura - Biblioteca de Galicia
15707 - Santiago de Compostela
Teléfono: 881 99 52 68
lexicografia@academia.gal
academia.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario