Ollo ao piollo!

ACCEDE CUN SÓ CLIC ÁS MIÑAS REDES: Twitter / Facebook / Pinterest / Instagram / Google+ / Correo-e: zaragalladas@gmail.com

venres, 5 de agosto de 2016

Dicionario fraseolóxico visual. Palabra e pedra solta...


O significado é claro: do mesmo xeito que unha pedra lanzada non volve atrás na súa traxectoria; así as palabras, unha vez ditas, non deben ser esquecidas (para ben ou para mal).

Aquí van algunhas das moitas variantes deste refrán:
- Palabra dita e pedra solta non teñen volta.
- A pedra e a palabra non se recolle despois de botada.
- Vaise a pedra da fonda e a palabra da boca e ningunha ten volta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario